martes, 31 de marzo de 2009

Voa Amigo

Voa, escapa só o meu maxín.
Pasado esquecido torna futuro vivo, amigo.
Os pensamentos foxen por un momento,
volven despois para xa quedar.
Pode ser que falan a lingua de nós,
por min esquecida nestes tempos de Castilla onde o sol é doutra cor, onde a chuvia xa non molla o meu corazón.

As noites eran suaves, amigo;
quixera agora estar contigo.

A Terra quérenos tanto que nos deixa liberdade
para saíres entrares e, no mellor dos casos, retornares.

Non chores, que esas bágoas serán miñas cando pise por fin Terra.

Voa amigo; ti enténde-lo que digo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario