sábado, 30 de abril de 2011

A Enerxía Tsunami.

No autobús de liña maréanse os cans. Saímos de Vigo e á altura de Puxeiros as rapazas de "El Cóndor" agardan coa boca aberta... ‹‹É incrible a cantidade de homes que paran de visita››, din elas.

Do outro lado, impaciente, agarda Ourense. Que podo dicir da miña cidade; cristos barbilongos, miños bravos e augas quentes.

Ouro, amigos, ouro ousaron buscar noutrora. Agora ousamos atopar auga entre as pedras do Minho (se se me permite un aceno á secular irmandade veciñal).

Moda é alardear de augas termais porque ter máis augas é mellor. Mais minerais naturais como a auga de bote, e sulfitos e sulfatos... Mira, como no Xapón, meu, que fertilizan augas claras con incalculables cantidades de plutonio. Que carallo, canto máis mellor!

A cidade dourada espera. Demasiadas curvas poden co meu ser. A tripa sáeme pra fóra. Así e todo penso será odio nuclear que meu corazón latexa cara á xente sen entrañas de augas avoltas.

Esta mensaxe autodestruirase no que dura un tsunami: tres, dous, un ...