martes, 31 de marzo de 2009

A Muller e A Terra

Gústasme cando falas porque escoito a miña voz.
Igual gústasme cando cantas e bailas a nosa canción:
déixame te escoitar.
Gústasme vestida porque semellas espida,
gústasme porque es cristalina:
déixame te agarimar.
Gústanme os teus beizos, os teus ollos de mel,
os teus aloumiños de verxel:
déixame te bicar,
déixame, déixame pero non me deixes te abandonar.

Non me gustas cando calas
porque é cando peor me tratas;
os malos espíritos apodéranse de ti,
profetizan a tortuosa miña fin
fóra dos teus lares onde creceron grandes flores,
onde eu nacín.

Déixame pois renunciar,
entón non me deixes ficar,
déixame pois abandonar,
déixame, déixame, pero non me deixes te olvidar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario