miércoles, 17 de marzo de 2010

Ás Veces

A voces dis que me queres, outras veces dis que perdo sabor. Ti non sabes o que é eso. Unha historia entre unha nai e un fillo, un crego pregando a Deus. Eso é amor.


Amor polo que fas e polo que non fas, polo que dis e polo que non dis, polo que tes e polo que non tes. Amor polo que sintes, en definitiva, por ti mesmo.


Moitas veces, como hoxe, chamas por min: “Come on, baby don’t you want to go, to the same old place: Sweet Home, Ourense”. Unha derradeira declaración de amor, amor verdadeiro. Escoitas a miña alma.