martes, 31 de marzo de 2009

A Iago

Esperta. Xa repenican, chaman as campás de teu nacemento. Benvido ao marabilloso mundo dos bicos de mel, dos aloumiños de papel, da tenrura na máxima expresión. Benvido ao País das choivas infinitas; chora por ti. País de verdes esperanzas; espera por ti. Benvido tamén ao País das marabillas de augas milagrosas; coida por ti.

Érguete, escoita, é túa cantiga de berce; canta por ti tamén a Terra Dourada.

Nunca deixes de cantar, meu rei. Asubía contra vento aínda sen alento. Forza nova que xordes, loita, por ti, polo que queres, polos que sempre quererás. Fai teu propio camiño e soña, porque soñar é libre, meu, e ninguén o vai facer por ti.

No hay comentarios:

Publicar un comentario