domingo, 27 de marzo de 2011

Dez Minutos

Adiós familia, adiós amigos, gracias a todos por querernos;

adiós beixos, adiós caricias, adiós nena dos meus ollos, non sei canto choraremos.

Dez minutos para que o mundo acabe,

perdoade as miñas ofensas así como tamén perdoo aos que me ofenderon.

Non máis triste cousa, non máis cousa triste...

acaba o mundo e dez angustiosos minutos agardan.

Non aguanto máis! Por favor, non me deixedes !

Unha hora... dous días... tres anos... unha eternidade no corazón.

viernes, 11 de marzo de 2011

Santa Compaña

O visitante viaxa contigo. Leva a camisa rota e ensanguentada. Non leva billete. A súa derradeira parada es ti.