martes, 2 de junio de 2009

Mamá Aurora Sempre Tiña Razón

- Escoita neno, lembra por sempre o que che vou dicir:

Come pra ter forzas, come e descansa tamén. Vive felizmente pra te facer home de ben e non fagas mal. Mira no espello da túa alma todos os días, saboreando o que ves e non deixes que o paso do tempo troque a paisaxe do teu arredor. Cae, érguete, cae, respira aliviado dos teus erros i érguete de novo. Porque un home non é tal ata non caer na súa primera trampa. Ademáis, as dificultades da vida van e vén. Ora ben, negras, grises ou bicolor, nestes eidos nunca deixes opción ao desazo.



Despois do discurso mamá Aurora, que xacía na cama da casa da avóa Sinda, apertou coma nunca miñas mans contra seus beizos, pechou os ollos e ficou entregada pra sempre ó mundo dos outros.

1 comentario: