lunes, 11 de julio de 2011

Sobran Palabras

Chámaa cuando non estea. Acode á súa cita. Un ramo de rosas brancas non será suficiente e caerá tornado en desgarrados petalos roxos poseídos por inocentes anxos. Prega, suplica unha cita máis ao candil dos seus ollos tristes pola primavera que non viu e o estío que sufriu. Non deixes, froito da adversidade, de man da loucura o teu soño. Pola contra, contas a unha botella de viño cada un dos grolos que te debe a súa prima-irmá. E a cada cal, vas facendo memoria da que perdiches: seu sabor, súa menciña. Sobran as palabras.

1 comentario:

  1. Hola!!! Me gusta mucho este microrelato, no ´se esa mezcla entre lo romantico, el misterio, la no pérdida de la esperanza... Sigue escribiendo q vales mucho BIKOS fatima :-)

    ResponderEliminar