Pódese medir de certo
a poesía, dábame na miña alma.
Escribira a canción
máis bonita do mundo e caeu ao fondo dos sacos onde se perden as cancións máis
bonitas do mundo.
A derradeira poesía
foi escrita antes da fin mundial e queimou no lume das últimas poesías antes do
día último.
Rendera conta dos
meus máis queridos soños e perdéronse no camiño de volta dos soños máis
perseguidos.
Escribira dende o
comezo do día ao lucido solpor e o Sol
marchou pra sempre onde o arrolan as montañas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario